O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) é un servizo do concello de Pontareas, actualmente dependente do concello do mesmo nome e que se puxo en marcha en 1995.
O CDL representa un espazo para a xeración de emprego e a creación de oportunidades de negocio ao mesmo tempo que facilita a cohesión social e territorial.
Os principais obxectivos do CDL son:
* Planificar e xestionar aqueles recursos que favorezan o desenvolvemento do municipio, logrando así maiores niveis de crecemento e benestar dos seus residentes.
* Favorecer un desenvolvemento equilibrado e sustenble do territorio
Para iso traballamos en colaboración coas diferentes administracións públicas: Unión Europea, Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial así como con outras institucións, entidades e asociacións tanto públicas como privadas: Empresariais, comerciais, sindicatos, veciños, etc. ..
Desde o CDL ofrecemos diferentes actuacións e programas específicos:
Emprego
Bolsa de traballo,
programas de cooperación,
plans integrais de emprego,
talleres de emprego,
etc.
Orientación
profesional
Facilitando información sobre as posibilidades de mellorar a formación das persoas desempregadas, itinerarios personalizados de inserción e fomentando a busca activa de emprego.
Apoyo a emprendedores
e autónomos
Asesorándolles sobre os trámites necesarios para o lanzamento da súa idea de negocio, así como subvencións específicas.
Formación de
desempregados
Mellorando a cualificación profesional dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, favorecendo a súa inserción laboral.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento y visualización del sitio web por parte del usuario, así como la recogida de estadísticas. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información.