Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) é un servizo do concello de Ponteareas, actualmente dependente da concellería do mesmo nome e que botou a andar no ano 1995.
O CDL supón un espazo de xeración de emprego e de creación de oportunidades de negocio o mesmo tempo que facilita a cohesión social e territorial.
Os obxectivo principais do CDL son:
* Planificar e xestionar aqueles recursos que favorezan o desenvolvemento do municipio, acadando así uns maiores niveis de crecemento e de benestar dos seus veciños.
* Favorecer un desenvolvemento equilibrado e sostible do territorio
Para elo, traballamos en colaboración coas distintas administracións públicas: Unión Europea, Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial ademais de con outras institucións, entidades e asociacións tanto públicas como privadas: Empresariais, comerciais, sindicais, veciñais, etc…
Busco emprego Inscríbeche e envíanos o teu currículoInscríbeche