O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) é un servizo do concello de Ponteareas, actualmente dependente da concellería do mesmo nome e que botou a andar no ano 1995.
O CDL supón un espazo de xeración de emprego e de creación de oportunidades de negocio o mesmo tempo que facilita a cohesión social e territorial.
Os obxectivo principais do CDL son:
* Planificar e xestionar aqueles recursos que favorezan o desenvolvemento do municipio, acadando así uns maiores niveis de crecemento e de benestar dos seus veciños.
* Favorecer un desenvolvemento equilibrado e sostible do territorio
Para elo, traballamos en colaboración coas distintas administracións públicas: Unión Europea, Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial ademais de con outras institucións, entidades e asociacións tanto públicas como privadas: Empresariais, comerciais, sindicais, veciñais, etc…
Dende o CDL ofrecemos diferentes actuacións e programas específicos:
Emprego
Bolsa de traballo,
programas de cooperación,
plans integrais de emprego,
obradoiros de emprego,
etc.
Orientación profesional
Facilitando a información sobre as posibilidades de mellorar a formación dos desempregados, os itinerarios personalizados de inserción e fomentado a busca activa de emprego.
Apoio a emprendedores e autónomos
Asesorándolles sobre os trámites necesarios para a posta en marcha da súa idea de empresa, así como das subvencións específicas.
Formación de desempregados
Mellorando a cualificación profesional dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo, favorecendo a súa inserción laboral.
CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Lomba do Cruceiro SN – Ribadetea
Ponteareas
986 66 10 50
cdl@ponteareas.es
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento y visualización del sitio web por parte del usuario, así como la recogida de estadísticas. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información.